SanidadeÚltima hora

Confírmase o primeiro caso de coronavirus en Galicia, na Coruña

Trátase dun paciente procedente de Madrid, segundo a Consellería de Sanidade

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de informarse neste mércores 4 de marzo do primeiro caso de coronavirus detectado en Galicia. “As análises realizadas no Servizo de Urxencias do CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña), e confirmadas polo Centro Nacional de Microbiologxía, a un paciente procedente de Madrid confirman a infección por coronavirus dun home de 49 anos que se encontra illado no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Trátase do primeiro caso positivo confirmado en Galicia”, segundo a consellería.

Tamén se indica dende Sanidade que a “Dirección General de Salud Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudo de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios”.

Máis información sobre o coronavirus:

https://osil.info/que-debes-saber-sobre-o-novo-coronavirus/

Artigos relacionados

Back to top button