ConcellosO BarcoÚltima hora

Confírmase tamén un positivo en Covid no CEIP Julio Gurriarán do Barco

Exterior do CEIP Julio Gurriarán do Barco.

 

No CEIP Julio Gurriarán do Barco tamén vén de confirmarse un caso de coronavirus entre o seu alumnado. Trátase dun escolar que xa levaba unha semana sen ir a clase por un positivo na súa familia, por iso, tal e como explican dende este colexio, a Consellería de Sanidade entendeu que non era necesario tomar medidas nin na súa aula nin no centro.

Ademais, dende o colexio indícase que hai varios alumnos que tamén levan algúns días sen ir a clases ao terse detectado positivos no seu entorno familiar.

Deste xeito son xa catro os colexios do municipio do Barco nos que se teñen rexistrado polo de agora casos de coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button