Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Confraría de Frei Canedo da Ponte (Ourense) celebra Comadres cunha cea

Case medio cento de persoas xuntáronse na confraría de Frei Canedo da Ponte, en Ourense, para celebrar o Xoves de Comadres e así dar comezo ao Entroido 2018.

No local da confraría xuntáronse practicamente todos os cofrades e, o requisito indispensable – obrigatorio- para poder acudir a esta festa é que os homes fosen vestidos de muller, tal e como marca a tradición. Fieis ao código de vestimenta, foron moitos os que sacaron o seu lado máis feminino para pasalo ben e gozar dunha velada entrañable que foi amenizada, posteriormente, co Dúo Ases.

Máis información sobre o Entroido de Frei Canedo da Ponte e outros entroidos de Ourense e Galicia na revista “Entroido en Galicia. Onde ir. Que Ver” que edita O SIL e que xa está á venda en distintos puntos da provincia e da comunidade.

Fotos: Carlos Asensio.

A revista “Entroido en Galicia”, editada por O Sil, na rúa

Artigos relacionados

Back to top button