Publicidade
ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Confraría do Viño de Quiroga cata os caldos da vindeira feira

Valoraba os caldos na mañá do 21 de marzo no Museo Etnográfico da vila

Tras ser recibidos polo alcalde quirogués na Casa do Concello, os membros da Confraría do Viño de Quiroga desfilaban polas rúa Real da vila na mañá do 21 de marzo, precedidos pola Banda de Gaitas “San Martiño”.

 

De seguido dirixíanse ata o Museo Etnográfico para catar os viños participantes na XXXIII Feira do Viño de Quiroga. Como todos os anos os viños inscritos para participar na Feira do Viño de Quiroga, despois das análises realizadas no laboratorio especializado, sométense a un proceso de cata para a súa aprobación definitiva, segundo se informa dende o Concello de Quiroga.

 

Ademais a partires das dúas da tarde tiña lugar o capítulo anual ordinario da Confraría do Viño de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close