EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Confraría do Viño de Quiroga catará os brancos e tintos aspirantes a participar na XXXVI Feira desta vila

Membros da Confraría do Viño de Quiroga, nunha das casetas da pasada edición desta mostra./ Foto: Carlos G. Hervella.

O capítulo anual ordinario da Confraría do Viño de Quiroga terá lugar o vindeiro sábado día 17 de marzo, coincidindo coa cata dos viños aspirantes a participar na XXXVI Feira do Viño desta vila lucense.

O programa de actos desta xornada comezará ás 12:15 h: coa reunión dos confrades na Casa do Concello de Quiroga. Un cuarto de hora despois, terá lugar un desfile dos confrades dende a Casa do Concello ata a sala de catas do Museo Etnográfico de Quiroga.

A partir das 13h. darase paso á cata dos viños aspirantes á XXXVI Feira do Viño de Quiroga. E xa ás 14:00 h. virá o capítulo anual ordinario da Confraría do Viño de Quiroga coa seguinte orde do día: lectura e aprobación se procede da acta do anterior capítulo ordinario, informe do presidente, estado de contas da confraría e rogos e preguntas.

O encontro completarase ás 14:30 h: cun xantar de confraternidade.

Artigos relacionados

Back to top button