PolíticaÚltima hora

Congresos locais do PP en seis municipios ourensáns

Entre eles están Trives e Manzanedas, onde se presentan como candidatos ás xuntas locais Jesús Prieto e Salvador Fernández, respectivamente
Salvador Fernández e Jesús Prieto, candidatos ás xuntas locais do PP de Manzaneda e Trives, respectivamente./ Foto: Carlos G. Hervella.

Seis xunta locais do PP de Ourense celebrarán eleccións nas vindeiras semanas, tal e como como vén de facer público esta formación política. Así Manzaneda celebrará o seu congreso local o 31 de xaneiro, Trives o 2 de febreiro, Arnoia o 20 de xaneiro, A Bola o 24 de xaneiro, Maceda o 26 de xaneiro e A Peroxa o día 27.

Os respectivos comités organizadores xa deron por formalizadas un total de seis candidaturas, unha por cada agrupación. Deste xeito as candidaturas presentadas foron as de Rogelio Martínez González para a presidencia da xunta local de Arnoia; María Teresa Barge Bello na Bola; Rubén Quintas Rodríguez en Maceda; Salvador Fernández Cardoso en Manzaneda; Manuel Seoane Rodríguez na Peroxa; e Jesús Prieto Pérez, na Pobra de Trives.

A partir deste momento os afiliados nas respectivas xuntas locais deberán formalizar a súa inscrición para cada congreso cumprindo os requisitos establecidos, “como son a necesaria afiliación ao partido e estar ao corrente do pago das cotas. Con posterioridade poderán presentar o seu aval aos respectivos candidatos”, segundo se informa dende o PP de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button