Galerías de fotosÚltima hora

Conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero en Quiroga

Con diversos actos estase a conmemorar en Quiroga o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cuxa data oficial é a do 25 de novembro. Así, como outros anos, á entrada da casa Consistorial colocábase un libro de recollida de sinaturas contra a violencia machista no que a veciñanza da localidade expresaba o seu sentir.

Xa o xoves 22 de novembro as traballadoras do CIM do Concello desenvolvía un taller sobre violencia machista no CEIP de Quiroga, nos que o alumnado formou un gran lazo no patio do centro educativo, tinguido da cor violenta dos lazos que portaban.

O mércoles 21 de novembro, baixo a campaña “En negro contra a violencia” desenvolvíase ademais un taller entre os estudantes de 4º ESO , 1º e 2º de BAC do Instituto de ensinanza secundaria de Quiroga.
Versaba sobre violencia de xénero e foi impartido polas traballadoras do Centro de Información á Muller do municipio.

Fotos cedidas polo CIM Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button