ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima horaVídeos

Conmemoración do Día Mundial da Árbore no concello de Rubiá

Axentes do Distrito Forestal XIII e alumnos do CEIP Virxe do Camiño, plantaron exemplares de diferentes especies

 

Un ano máis, con motivo do Día Mundial da Árbore (21 de marzo), o Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives organiza unha semana de actividades medioambientais en colaboración cos escolares da comarca.

Coma sempre, a idea era comezar onte plantando árbores no Arboretum da Rúa, pero por motivos alleos á organización esta actividade non se pudo celebrar comezando o programa deste 2022 cunha plantación no concello de Rubiá.

 

Plantando árbores en Rubiá.

 

Así, na mañá deste martes 22 de marzo, unha brigada de axentes medioambientais, entre eles o biif Isidro Martínez, desprazábanse ata este concello valdeorrés para levar a cabo unha plantación en colaboración con alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño na zona coñecida como a “caseta dos cazadores” afectada polo incendio que calcinou 200 has. “Trátase de que os nenos vexan como se está rexenerando a zona e como lle imos axudar mediante unhas plantacións simbólicas”, explica o axente medioambiental, engadindo que puxeron 24 árbores, uns 7 servais dos cazadores (Sorbus aucuparia) e o resto sobreiras (Quercus suber), “todo especies que se adaptan ben ao clima mediterráneo desta zona que soportan ben a sequía e o terreo árido”, puntualiza Isidro. Árbores traídas do viveiro de Maceda dependente da sección de Montes da Consellería de Medio Ambiente.

 

Alumnos do colexio de Rubá coa placa conmemorativa do Día da Árbore.

 

Ademais de colaborar na plantación, o centro escolar celebra sempre con moita ilusión a semana da árbore. “Ao ser un centro rural estamos moi comprometidos coa natureza e a paisaxe que nos rodea e na contorna en xeral”, asegura a directora do CEIP Virxe do Camiño, explicando que este ano, entre todos os nenos e profesores fixeron unha placa conmemorativa da data.

A seguinte actividade do Distrito Forestal XII Valdeorras-Trives será o xoves 24 de marzo en Sobradelo, tamén nunha zona afectada por un incendio provocado por unha catenaria no pasado verán, ao lado do Camiño de Inverno onde plantarán 18 sobreiras (Quercus suber) e 2 servais dos cazadores (Sorbus aucuparia), tamén do viveiro de Maceda. Aí colaborará o colexio de Sobradelo.

 

 

E por úlimo o venres 25 de marzo pecharán a semana nos xardíns da Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras cos nenos do colexio Ramón Otero Pedrayo, onde plantarán 4 árbores.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button