SanidadeÚltima hora

Conmemoración do Día Mundial da Diabete no Bierzo

A Asociación de Diabéticos do Bierzo promove unha serie de actos na veciña comarca leonesa
Xornadas sobre a diabete celebradas no Bierzo.
Xornadas sobre a diabete celebradas no Bierzo.

Hoxe o 13,2 % da poboacion española é diabética, sinalan dende a Asociación de Diabéticos do Bierzo, coincidindo coa celebración o 14 de novembro do Día Mundial da Diabete. Ademais destacan a importancia da prevención nesta enfermidade, “o cal suporía un aforro en medicamentos e hospitalizacións”.

Dende esta asociación tamén se expresa o seu recoñecemento a todas as persoas que fan posible “as nosas xornadas de diabetoloxía concidindo co día internacional da diabete”. E lémbrase qie dende o pasado 13 de novembro o Concello de Ponferrada loce a súa fachada en azul para fomentar a “sensibilización da poboación do Bierzo ante esta enfermidade”.

A Asociación de Diabéticos do Bierzo celebrou o día mundial desta enfermidade.
A Asociación de Diabéticos do Bierzo celebrou o día mundial desta enfermidade.

Á iniciativa de Ponferrada sumáranse dende ás 18:30h. do 14 de novembro os concellos de Camponaraya e Toreno, “contribuíndo así a esta campaña de sensibilización. Por iso, queremos transmitir o noso máis sinceiro agradecemento tanto dende a xunta directiva como dende a Asociación de Diabéticos do Bierzo”, destacan dende esta entidade.

Artigos relacionados

Back to top button