OurenseÚltima hora

Conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente en Oira, Ourense

Os Ecovixiantes de Franciscanas foron os protagonistas desta actividade organizada polo Concello

 

Os Ecovixiantes de Franciscanas eran este ano os protagonistas do acto central organizado polo Concello de Ourense nos arredores da Aula da Natureza, en Oira (Ourense), da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, como broche de ouro ao seu incansable labor durante todo este curso académico, onde se contan por centos os as accións en prol do coidado da natureza.

O profesor Lalo Sánchez explica que baixo a inestimable axuda de Luís Amigo, e de Raúl de Xeitura, na plácida mañá primaveral deste venres 4 de xuño, os Ecovixiantes realizaron unha pequena batida de limpeza na área recreativa de Oira; atenderon á explicación sobre dous paneis que o Concello ía colocar, sobre os paxaros e aves na Ribeira do Miño; coñeceron o secreto de cinco caixas niño que se colocarían e os seus habitantes: chochines, carboeiros, lavandeiras, autillos, merlos… así como varios tipos de niños, e a plumaxe das aves.

 

 

Unha vez máis, a Natureza foi como un verdadeiro libro aberto para os cativos onde aprender, que hai que coidar, concluíndo a actividade coa colocación dos paneis explicativos para goce da ourensanía; e a coidadosa colocación das caixas niño a unha altura e ramas determinadas, para evitar que se danen ou sexan atacadas por depredadores. “Unha xornada moi especial onde Ecovixiantes demostraron unha sensibilidade moi especial con este Ourense tan querido”, conclúe Lalo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button