SanidadeÚltima hora

Conmemórase o 30 aniversario do transporte sanitario urxente aéreo en Galicia

Fixoselle entrega dunha placa honorífica ao xefe da base medicalizada aérea do 061 de Ourense

Neste luns, día 1 de setembro, commemórase o 30 aniversario da prestación do servizo de transporte sanitario urxente aéreo galego. Así, nesta mañá tiña lugar un acto en Santiago de Compostela no que se lle fixo entrega dunha placa honorífica aos xefes das bases medicalizadas aéreas do 061 de Galicia con base nos concellos de Ourense e Santiago de Compostela.

Ao acto acudían o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Jose Flores Arias; oconselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; e o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil da Consellería de Presidencia, José Antonio Grandas.

 

Nos últimos cinco anos, os helicópteros medicalizados mobilizáronse en 4.798 ocasións, o que supón unha media anual de 960 mobilizacións. A aeronave con base en Ourense mobilizouse en 2.099 ocasións.
Destas 4.798 mobilizacións, 402 foron servizos secundarios, é dicir, servizos nos que resulta necesario o traslado do paciente desde un centro hospitalario ata outro hospital para asegurar a atención axeitada segundo as patoloxías sofridas.

 

 

Respecto á resolución das emerxencias atendidas, no 61% das mobilizacións foi necesario o traslado de pacientes ao centro hospitalario de referencia; mentres que en preto do 17% das mobilizacións a prestación da asistencia sanitaria no punto non fixo necesario o traslado dos pacientes nos helicópteros medicalizados; e no 22% das mobilizacións, os pacientes foron trasladados noutros recursos sanitarios, principalmente en ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado.

 

 

En relación coa tipoloxía das emerxencias atendidas polas aeronaves sanitarias do 061 de Galicia, o 18% das asistencias foron por dor torácica, o 17,5% correspondeu a pacientes que sufriron alteración da conciencia, o 16% foron asistencias por accidentes de tráfico, o 5% foron pacientes con problemas respiratorios e o 2% tratouse de persoas con convulsións.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close