OurenseÚltima hora

A conselleira do Medio Rural e o alcalde de San Cibrao das Viñas abordan a prevención dos incendios forestais neste concello

A conselleira do Medio Rural na reunión co alcalde de San Cibrao.

O alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, vén de manter un encontro en Santiago coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, no que analizaban as necesidades deste municipio ourensán relativas ao agro. Concretamente, abordaban a situación actual do concello para mellorar nas tarefas de prevención de incendios forestais.

Neste senso, o rexedor trasladoulle a conselleira a situación que sofren actualmente os polígonos industriais, con moita vexetación que pode supoñer un perigo en canto a incendios forestais. A titular de Medio Rural explicoulle que, a través do convenio que ten este municipio subscrito coa consellería, as brigadas poden levar a cabo a limpeza dos predios de propietario descoñecido establecidos nos arredores destes polígonos. Así mesmo, lembroulle que o resto de parcelas deberán ser xestionadas polos seus propietarios, tal e como indica a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Artigos relacionados

Back to top button