SanidadeÚltima hora

O conselleiro de Sanidade visita o hospital de Verín para explicar a reforma da Lei de Saúde

Con este cambio normativo crearíase o distrito sanitario de Verín ligado ao seu hospital
O conselleiro de Sanidade na xuntanza celebrada con alcaldes no Hospital de Verín.

Na mañá do 29 de agosto o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, viaxaba ata Verín para reunirse no seu hospital con municipais desta zona ourensá. O obxectivo da xuntanza era explicar os puntos más salientables do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. Almuiña avanzabau que a modificación normativa permitirá a creación do distrito sanitario ligado ao Hospital Comarcal de Verín. Este será un dos dous distritos que se crearían na provincia, xa que outro sería o de Valdeorras.

“Os distritos sanitarios serán marco de referencia da actividade de atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria que se establecerá arredor do hospital. A reforma normativa permitirá axustar a lexislación á realidade actual, coa proposta dunha ordenación territorial sanitaria distribuída en áreas sanitarias e en distritos, que serán divisións territoriais desas áreas. Esta adaptación da organización territorial á administrativa suporá un beneficio xeneralizado para o paciente, xa que permitirá ampliar a oferta de recursos asistenciais nos hospitais comarcais.”Trátase de crear un marco legal que permita mellorar os servizos sanitarios de Galicia”, segundo Almuiña.

Á reunión desta mañá foron convocados representantes dos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viladervós, e Vilariño de Conso.

Actualmente, existen en Galicia sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs), 11 áreas sanitarias e 14 hospitais da rede sanitaria pública, tres dos cales -os de Barbanza, Cee e Verín- non se corresponden cunha área sanitaria. Na reunión indicouse que coa citada reforma o ámbito das áreas coincidirá co das sete actuais EOXIs, co cal desaparecerán catro áreas sanitarias actuais.

Artigos relacionados

Back to top button