SanidadeÚltima hora

Consellos para facer a compra e “procurar evitar contaxios ou contaxiar aos demais”

Dende o Sergas en Ourense veñen de emitir un vídeo explicativo

Dende que se decretou o estado de alarma que vén de ser prorrogado por dúas semanas máis, dende as autoridades sanitarias non deixan de lembrar a necesidade de “quedar na casa”. Agora, dende o Sergas en Ourense veñen de emitir un vídeo con pequenos consellos de utilidade para facer a compra e “procurar evitar contaxios ou contaxiar aos demais nas saídas esenciais á rúa”.

Dende o Servizo Galego de Saúde lembran unha vez máis que a principal medida de protección é unha frecuente e correcta hixiene de mans, con auga e xabón, e manter a distanza de seguridade. “E xa sabes, evitar saír na medida do posible. Continúa a axudarnos”, conclúen.

O vídeo pode verse no seguinte enlace: https://www.facebook.com/ComSergasOU/

Artigos relacionados

Back to top button