SanidadeÚltima hora

Consellos para previr problemas de saúde relacionados coa calor

A Cruz Vermella lanza a campaña “Eu protéxome” co obxectivo de previr e reducir o impacto das altas temperaturas sobre a saúde da población
Os termómetros nestes días están superando os 35 graos./ Foto: A.R.

A intensa calor está sendo o protagonista deste final do mes de xuño. Esas altas temperaturas poden causar unha serie de efectos negativos sobre a nosa saúde como “calambres, deshidratación, insolación ou golpe de calor, que son especialmente preocupantes na poboación infantil e nas persoas maiores”, lembran dende a Cruz Vermella. Ante isto, esta entidade vén de lanzar a campaña “Eu protéxome” coa finalidade de previr ou reducir o impacto da onda de calor sobre as persoas e, en especial, sobre aquelas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.

No folleto desta campaña explícase que a calor afecta, de xeito especial a anciáns, nenos, persoas con enfermidades crónicas e en tratamento de determinados fármacos e a aquelas con dificultades de compresión, orientación, pouca autonomía na vida cotiá, entre outras.

Neste senso, recoméndase “permanecer á sombra, protexerse do sol (gafas, gorras), hidratarse con frecuencia e evitar (sempre que sexa posible) a realización de actividades nas horas onde se rexistran as temperaturas máis altas”. No fogar, aconséllase “permanecer nas estancias máis frescas e baxiar persianas, toldos… para evitar que o sol entre directamente”.

No caso de coller o coche, “nunca se debe deixar aos nenos nin ás persoas maiores no interior dun vehículo pechado. Recoméndase levar líquidos para a hidratación e prestar especial atención aos cambios bruscos de temperatura ao entrar e saír do coche”.

E nas exposicións ao sol, debe usarse “a protección solar adecuada e aplicarla 30 minutos antes de saír de casa e de forma xenerosa; renovala regularmente. Protexer a cabeza e o pescozo (gorro, sombeiro) e usar gafas de sol con protección fronte aos raios ultravioleta e radiación azul visible. Evitar o uso de produtos sensibilizantes (perfumes alcohólicos)”, segundo Cruz Vermella.

Outro dos consellos do folleto, alude aos baños veraniegos sinalando que “débese comprobar a profundidade da zona, lanzarse cos brazos extendidos, tomar precauciones extra en ríos, pantanos e encoros, evitar zonas de desaugues, vixiar aos máis pequenos e evitar o consumo de alcohol e drogas”.

 

Portada do folleto da campaña da Cruz Vermella.

Artigos relacionados

Back to top button