Economía

Conservas e cervexas

O Eixo Interior prepara máis talleres e acude a Expocidades
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Aprender a preparar conservas vexetais de calidade e a elaborar cervexa artesanal. Son as dúas novas propostas formativas, ambas gratuítas e con 20 prazas, que achega nos meses de outubro e novembro o programa Eixo Interior, do que forma parte o Concello do Barco. O primeiro deles será o de elaboración de conservas vexetais. Desenvolverase entre o 21 e o 25 de outubro (cun horario de 17h. a 20 h.) no comedor do IES Martaguisela.

Este curso, impartido polos xerentes de Caurelor, terá un carácter práctico e centrarase na elaboración artesanal de conservas tradicionais de marmelada de froita de tempada, patés, froitas en xarope, conservas de verduras e hortalizas, así como na transformación da castaña (marmelada de castaña, en conserva, marrón glacé, con chocolate). Asemade os participantes coñecerán unha iniciativa empresarial adicada a esta actividade.

Un mes despois, os días 23 e 30 de novembro, terá lugar, no mesmo IES Martaguisela, un obradoiro de elaboración de cervexa artensanal. As persoas interesadas poderán incribirse no Centro de Promocióin de Produtos Tradicionais (CPT) do Barco, situado na avenida da Estación, 4.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button