ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Consternación e dor na Rúa, no funeral das dúas xoves facelidas nun accidente en Chile

A misa tiña lugar na igrexa parroquial de Santo Estevo no mediodía do 3 de novembro

Dor, tristeza, pesar, abatemento,… Podemos utilizar moitos sinónimos pero así e todo resulta moi difícil expresar con palabras o que sentiron esta mañá os veciños da Rúa e de todo Valdeorras, durante o funeral de Rosa e Fran, as dúas xoves que perdían a vida hai dous meses nun fatídico accidente en Chile.

Xa nese momento, a localidade enteira recibía con consternación a nova. Dúas das súas veciñas, moi coñecidas e queridas na Rúa, perdían a vida nun accidente de coche no país sudamericado onde unha delas, Francielly Lorranny Santos acaba de casar con Lorenzo Diéguez, o irmán da outra vítima mortal, Rosa María Diéguez Rivera. O coche, no que tamén ía o home de Rosa, Brais González, colisinonaba na xornada do domingo 16 de setembro cun camión na “estrada que une Antofagasta con Calama”, deixando de saldo ás dúas falecidas e ás parellas feridas, unha delas de consideración aínda que fóra de perigo.

A recuperación do ferido e a infinidade de papeleo que sen dúbida tiveron que levar a cabo os familiares, retrasou considerablemente a repatriación dos corpos e non era ata esta mañá cando familiares, compañeiros, amigos e veciños en xeral puderon darlle o merecido adeus.

Ademais da xuventude (Rosa tiña 32 anos e Fran 24) trátase dunha familia moi coñecida e querida, especialmente na Rúa Vella onde Rosa levaba o peso do negocio familiar, Panadería Lorenzo, que tiña unha gran clientela. Así, como era de esperar, a igrexa parroquial de Santo Estevo quedou pequena para acoller a todos os que quixeron despedirse delas. O templo estivo xa aberto dende as dez da mañá e a partires das doce celebrábase o funeral, oficiado por dous sacerdotes, no que unha persoa vencellada á familia dixo unhas emotivas palabras de despedida. De seguido entre bágoas e rostros taciturnos, tiña lugar o sepelio, no cemiterio parroquial.

 

Artigos relacionados

Back to top button