OurenseÚltima hora

Constitúese a comisión “Ourense Futuro” para recoller as iniciativas sociais trala crise do Covid-19

A iniciativa aprobouse na sesión plenaria correspondente ao mes de maio

A comisión “Ourense Futuro”, iniciativa aprobada na sesión plenaria correspondente ao mes de maio, constituíuse no centro cultural Marcos Valcárcel, como receptora das iniciativas sociais e económicas para impulsar á provincia na era “poscovid”. “Ourense Futuro” será receptora das demandas e achegas que poidan formularse desde calquera colectivo social da nosa provincia e está constituída por un representante de cada grupo político provincial adoptando as súas decisións mediante o sistema de voto ponderado.

 

Durante a reunión.

 

Trala reunión de constitución, a comisión quedou conformada da seguinte maneira: polo Grupo Provincial do PP está Rosendo Luis Fernández, polo Grupo Provincial do PSdeG-PSOE está Diego Fernández, polo Grupo Provincial de Democracia Ourensana está José Miguel Caride, polo Grupo Provincial do BNG está Bernardo Varela, e polo Grupo Provincial de Ciudadanos está Montserrat Lama. O presidente de dita comisión é Rosendo Fernández.

Ademais, tamén se estableceu o correo electrónico ourense.futuro@depourense.es como canle de comunicación e de recepción de comparecencias, poñéndose a disposición das entidades interesadas, un modelo normalizado de solicitude. Na reunión acordaron que as comparecencias se celebren ordinariamente os luns de cada semana, comezando as mesmas o 20 de xullo de 2020. As comparecencias, entre dúas e catro por reunión, terán unha duración aproximada de dez minutos cunha breve quenda final de preguntas polos membros da comisión. E, en función das solicitudes recibidas, a comisión reunirase para programar o calendario de comparecentes.

Artigos relacionados

Back to top button