ConcellosÚltima hora

Constitúese a nova comisión de seguemento dos GES para o período 2019-2021

No marco da xuntanza acordouse estudar onde se ubicarán os novos Grupos de Emerxencia Supramunicipais conforme criterios técnicos e obxectivos

Reunión para constituír a nova comisión de seguimento dos GES.

 

Na mañá do 11 de setembro a Xunta, a Fegamp e as Deputacións Provinciais formaban a nova comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) para o período 2019-2021. No marco da xuntanza acordaron estudar onde se ubicarán os novos GES conforme criterios técnicos e obxectivos e en consenso entre todas as Administracións.

Por parte da Xunta asistiron a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto. Por parte da Fegamp, asistiron o presidente Alfredo García, alcalde do Barco, e o seu vicepresidente Alfonso Villares. Ademais, de representantes das catro Deputacións Provinciais.

Os GES comezaron a funcionar en Galicia no ano 2013, “complementando un novo mapa de emerxencias que cubre todo o territorio galego, e ofrecendo así unha resposta áxil e eficaz a todos os cidadáns galegos ante calquera incidencia. A súa posta en marcha foi consensuada entre  Xunta, Deputacións e concellos, e o goberno galego ademais encargase da formación do persoal na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada”, segundo informa a Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button