PolíticaÚltima hora

Constitúese a agrupación de Compromiso por Galicia de Amoeiro

Na xornada do 28 de novembro vén de constituírse a agrupación de Compromiso por Galicia en Amoeiro. Neste acto resultaba ademais elixida, por unanimidade, Milagros Corral Surribas como secretaria local. O primeiro obxectivo que se marca é o de “seguir medrando para acadar a alcaldía nas vindeiras Eleccións Municipais 2019”, ao que dedicará ilusión, propostas veciñais e “moitas gañas de facer de Amoeiro un Concello con futuro”.

Dende esta formación política destacan a súa expansión na comarca do Ribeiro, que v”ai con paso firme, impulsando coa nova estratexia de traballo nesta etapa, que fará agromar en moitos máis concellos galegos o proxecto galeguista”.

Artigos relacionados

Back to top button