EconomíaEconomíaÚltima hora

Constitúese o Comité Termal Ourensán

A primeira reunión tiña lugar na mañá do 20 de xaneiro no Concello de Cortegada
Reunión constitutiva do Comité Termal Ourensán en Cortegada.
Reunión constitutiva do Comité Termal Ourensán en Cortegada.

O Comité Termal Ourensán, órgano de xestión ordinaria encargado do seguimento do Plan Termal, constituíase na mañá do 20 de xaneiro nunha reunión celebrada na Concello de Cortegada. Está integrado pola Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, o Goberno central, o Concello de Ourense, a alcaldesa de Lobios (representando aos demais concellos da provincia por ser a presidenta da sección de Vilas Termais da FEMP), o Campus de Ourense (Campus da Auga) e o sector privado por medio da CEO e da Asociación de Balnearios. Na reunión de hoxe tamén participou o autor do plan termal, Mario Crecente.

No encontro, os membros do comité recibiron o documento do Plan Termal “Ourense, á provincia termal” -validado pola Xunta de Galicia- para que cada administración coñeza cales son as súas obrigas e competencias no desenvolvemento desta iniciativa.

Asemade, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que presidía o comité, deu conta da aprobación o venres pasado en Xunta de Goberno da orde de axudas enmarcadas no programa de “Termalismo saudable” e das infraestruturas e obras planificadas no ámbito termal, entre as que figuran a piscina fluvial de Laias e un paseo termal no parque do Carballiño.

Tamén informaba sobre a presentación que a Deputación de Ourense realizará do Plan Termal en Fitur o vindeiro 29 xaneiro, e da xuntanza que mantida o día 19 de xaneiro coa ministra de Fomento, Ana Pastor, na que acordaron asinar novamente este ano o convenio entre a Deputación de Ourense e Renfe para a oferta de “Viaxes termais”, que permitirá aos visitantes coñecer as excelencias do termalismo da provincia por medio dun programa de estancias e tratamentos nos establecementos balnearios de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close