OurenseÚltima hora

Constitúese o Grupo de Traballo do Xacobeo 21

Román Rodríguez anima a todos os grupos parlamentarios a formular aportacións ao Plan Estratéxico

Na mañá do 15 de xaneiro, o Parlamento de Galicia acollía a constitución do Grupo de Traballo para o Xacobeo 21. Unha reunión presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez que contoua coa presenza dos catro grupos con representación na Cámara galega aos que animou a “formular aportacións ao Plan Estratéxico do Xacobeo 21”, en elaboración nestes momentos.

Como destacó Román Rodríguez, el Gobierno autonómico ten como obxectivo “implicar a toda a sociedade galega e ás súas institucións na planificación do vindeiro Ano Santo”. De aí nacía a proposta de crear este grupo de traballo para impulsar a preparación do Xacobeo 21 “estimulando a creación de emprego de calidade, promovendo a renovación das equipacións de hostalaría e deseñando programas que fagan partícipe a toda a sociedad para que a repercusión de todas as medidas chegue aos diferentes sectores produtivos e ás disciplinas artísticas, fortalecendo a marca país e fomentando a súa proxección internacional”.

Este grupo de traballo estará formado por un representante de cada grupo parlamentario, xunto aos responsables da Consellería e Turismo.

Artigos relacionados

Back to top button