OurenseÚltima hora

Constitúese o pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Ourense

O socialista barquense, Aurentino Alonso, tomou posesión como novo membro

No día de hoxe, 1 de agosto, constituiuse o pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Ourense para o mandato 2019-2023. Na orde do día da reunión, figuraban a constitución de dito ente; a elección de presidente e vicepresidente, e aspectos económicos e de xestión.

 

Durante a sesión constitutiva.

 

A presidencia correspondeulle ao deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, por delegación do presidente da Deputación, Manuel Baltar; e a Vicepresidencia, a Santiago Villanueva, en representación da Xunta de Galicia. No pleno tamén tomaron posesión dous novos membros designados pola Deputación de Ourense: Aurentino Alonso, en representación do grupo socialista, e Patricia Lamela, polo grupo popular.

O presidente do Consorcio subliñou como unha prioridade “a innovación nos parques comarcais, como xa viñemos facendo nos últimos catro anos cos investimentos destinados a melloras e cambios de equipamentos para emerxencias”.

Artigos relacionados

Back to top button