ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Constitúese a Xunta Local de Seguridade da Pobra de Trives

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro e o alcalde de Trives, Francisco José Fernández copresidiron a reunión

Ourense, Barbadás, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Viana do Bolo, Celanova, Ribadavia, Allariz, Verín, Xinzo de Limia e O Carballiño e agora tamén A Pobra de Trives contan cunha Xunta Local de Seguridade.

Na mañá do 7 de abril o Concello da Pobra de Trives acollía a reunión de constitución da mesma, copresidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de Trives, Francisco José Fernández Blanco, na que participaron membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Local. Esta é a segunda localidade, despois de Viana de O Bolo, na que se instaurou esta ferramenta “de coordinación a prol da seguridade e benestar dos veciños das comarcas da provincia nos derradeiros catro anos”, explican dende a Subdelegación.

Previa a constitución, desenvolvías a primeira Xunta Local de Seguridade na que os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá. “Na comparativa anual 2014–2015 detéctase un importante descenso tanto no cómputo de faltas como de delitos. Tamén diminuíron as infraccións administrativas e o número de detencións”, aseguran dende a Subdelegación. O seu mandatario, Roberto Castro, manifestou o seu agradecemento ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado “polo gran labor levado a cabo na comarca ata o de agora”, e amosou o se convencemento de que “coa coordinación entre todos os corpos de seguridade a tarefa aínda será máis doada, o que repercutirá nunha maior garantía dos dereitos e liberdades do veciños das Terras de Trives”.

Artigos relacionados

Back to top button