OurenseÚltima hora

Constrúese unha senda peonil na estrada OU-540, en Santa Comba de Bande

O delegado da Xunta en Ourense visitaba estaba mañá as obras, acompañado pola alcaldesa deste municipio

 

Na estrada autonómica OU-540, en Santa Comba de Bande, estase a construír unha senda peonil na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a investir máis de 35.000 euros. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén visitaba esta mañá as obras de construción, acompañado da alcaldesa, Sandra Quintas, e perocorría un treito das novas beirarrúas.

Alén valoraba positivamente o estado avanzado das obras, sinalando que “con estas intervencións, a Xunta busca promover unha mobilidade sustentable e segura, favorecendo os desprazamentos cotiáns a pé dos veciños”.

A actuación ten como obxectivo mellorar a accesibilidade e o tránsito peonil nas marxes desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 49+775 e 49+895.

Os traballos céntranse na renovación das beirarrúas existentes en ambas as marxes da vía autonómica, dotándoas de anchura e pavimento adecuado á normativa de accesibilidade vixente. Os traballos que están a executarse neste momento, comezaron pola demolición das beirarrúas na marxe dereita da vía.

 

 

As novas beirarrúas proxéctanse cunha anchura necesaria para a accesibilidade aproveitando a franxa do dominio público da estrada. E amplíase a anchura de beiravía para poder acondicionar unha zona de aparcadoiro paralela á estrada.

Ao tempo, o departamento de Infraestruturas da Xunta rematará a vindeira semana os traballos no punto quilométrico 39+480, que consistiron na construción dun muro de pedra duns 2 metros de altura sobre o que descansa unha senda peonil de 80 metros de lonxitude.

 

Artigos relacionados

Back to top button