DeportesEn portadaÚltima hora

Conta atrás para a festa do atletismo barquense, a XXXIII Milla Urbana

Esta competición, incluída nas categorías absolutas no calendario da federación española, comezará ás 18h. no Malecón

Imaxe da proba absoluta da Milla do Barco do 2018./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Moi pendentes do ceo, e confiando en que o tempo respecte, está xa todo a punto na XXXIII Milla Urbana do Barco, que se disputará a partires das 18h. deste 15 de setembro no Paseo do Malecón. Centos de atletas de todas as idades (dende meniños de meses ata veteranos) compartirán de novo un mesmo circuíto no Malecón.

Esta proba, incluída no calendario de ruta da Real Federación Española de Atletismo, apostará por un cartel de luxo nas probas absolutas, pero, sobre todo, pola participación de corredores de todas as idades. Esta XXXIII Milla Urbana “Festas do Cristo 2019” será organizada polo Concello do Barco coa colaboración do Club Adas-Proinor, a Federación Galega de Atletismo e a Delegación Valdeorresa desta mesma federación.

Artigos relacionados

Back to top button