En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Conta atrás para a III Festa do Casco Vello do Barco

Música, gastronomía e actividades infantís na praza Maior da vila do 21 ao 23 de xuño
Praza Maior do Barco e palco onde se farán as actuacións da festa./ Foto: A.R.

En apenas unhas horas porase en marcha a terceira edición da Festa do Casco Vello do Barco, que se desenvolverá na praza Maior da vila nesta fin de semana. Os actos iniciaranse neste venres 21 de xuño ás oito da tarde coa apertura das casetas instaladas na praza Maior con viños, cervexa e tapas.

Ás 21h. está prevista a lectura do pregón a cargo de Gabriel Prada, de Gargallada Teatro, e, unha hora despois, poderá asistirse ao primeiro dos numerosos e variados concertos do programa. Actuará Wavy Gravies e, á medianoite, o grupo Os Renegados.

Ao día seguinte, 22 de xuño, a festa retomarase ás 13h. con pasarrúas e sesión vermú a cargo do grupo “Os Palletas” de Quiroga. Logo ás oito da tarde reabriranse as carpas e os postos e ás 22h. poderá verse o concerto do grupo Blackstereo e, ás 00h., tocará Doc Magoo’s.

E así chegarase ao domingo 23, cun programa especialmente completo e que se iniciará ás 13h. cunha sesión vermú con Habana Vieja, grupo coñecido por interpretar grandes clásicos latinos. As súas melodías darán paso ás 14h. a un xantar popular con empanadas e unha paellada xigante.

Ás 16h. haberá unha nova sesión popular da man de Economato Djs e ás 19h. chegará a maxia e as actividades para os nenos co grupo Xocas. A partires das 21h. principiará a Noite de San Xoán, ao son do grupo Gin Toni’s.

A partir das 23h. acenderase a fogata de San Xoán e logo haberá queimada popular e chocolate con churros (gratis). Volverá ademais a música cunha nova sesión de Economato Djs.

Esta festa será organizada pola Asociación de Hostaleiros do Casco Vello co apoio dalgúns veciños.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close