ConcellosTrivesÚltima hora

Conta atrás para as Festas de San Bartolomé de Trives

O programa incluirá varias propostas musicais e citas deportivas como o Día da Bici

O arpista Roi Casal, nunha recente actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Trives prepárase para iniciar nesta fin de semana as festas na honra a San Bartolomé, cuxa data central é a do 24 de agosto, festivo local. Así o día 20 terá lugar un concerto dun grupo local, Skalopndras seguido do grupo Fixe Trío. Serán “dous concertos nunha noite con todas as medidas covid nunha aposta pola cultura segura, logo do descenso dos contaxios por Covid”, sinalan dende o Concello de Trives.

Ademais o 24 de agosto celebrarase o Día da Bici, cun percorrido pola vila e sorteo de bicicletas, campionato de billarda, actuacións para público infantil da man da compañía Bandullo Azul co espectáculo “Filipa cos contos”, ás 19:30h., na Praza do Reloxio, e xa á noite, poderá asistirse ao concerto de Roi Casal ás 22h. na Praza do Concello.

Dende o Concello de Trives adiantan que, “dada a situación excepcional que nestes anos estamos a vivir por mor da pandemia mundial e de complexidade nestes tempos de formar comisión de festas por este motivo, o grupo de goberno ten xa programadas actividades e concertos adaptados aos tempos que toca vivir, para disfrutar dende as cadeiras, para as vindeiras festas do Cristo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button