CulturaCulturaenBarcArteGalerías de fotosÚltima hora

Conta atrás para o II enBarcArte no Barco

No Malecón está a colocarse unha das instalacións que poderán verse neste festival en setembro

Comeza a cobrar forma na rúa o proxecto do II Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano, que se desenvolverá no Barco do 7 ao 29 de setembro.

A mediados desta semana comezaba a colocarse no Paseo do Malecón (moi preto da pasarela do Salgueiral) unha das nove instalacións (oito delas ao aire libre) que poderán verse nesta edición en diversos lugares da vila. Trátase de “Vieiros”, unha composición realizada polo artista valdeorrés Jorge Barredo, que é ademais o promotor e curador de enBarcArte co apoio do Concello do Barco.

Esta peza, realizada con paneis de lousa e patrocinada por Pedraval, terá ademais un carácter permanente, é dicir, permanecerá neste lugar despois deste festival.

Fotos: Jorge Barredo.

Artigos relacionados

Back to top button