CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Conta atrás para o IV Festival Urbano “Extruga na rúa” en Verín

Este evento, completamente gratuíto, celebrarase do 26 ao 27 de agosto na contorna de A Preguiza

Presentación de “Extruga na rúa”./ Foto: Concello de Verín.

 

Esta mañá a A.C. Lumiños e o Concello de Verín presentaban a cuarta edición de “Extruga na rúa”, un evento de carácter urbano que engloba deporte, música e arte, e que este ano, como novidade, celebrarase na zona verde situada na contorna de A Preguiza. O festival, completamente gratuíto, terá lugar o 26, 27 e 28 de agosto. Así o confirmaron está mañá Diego Lourenzo, tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade de Verín; e Hugo Salgado, Antonio Álvarez, Iris Justo e Noemí Álvarez , organizadores do evento.

O Festival Extruga na rúa contará con dúas xornadas musicais que se celebrarán o 26 e 27 de agosto onde se combinarán artistas consolidados do panorama nacional con artistas emerxentes locais do mundo urbano. Devandito evento contará cunha zona de acampada gratuíta, mercadiño e foodtrucks.

Como novidade, os concertos celebraranse na zona verde situada en A Preguiza e contarán con artistas de primeiro nivel como a recoñecida rapeira a nivel estatal, Santa Salut; o grupo galego de rap Rebeliom do Inframundo e, por segundo ano consecutivo, Dakidarría. Ademais o evento contará con outros músicos da escena como Zeltia Irevire, Brais Ninguén e O Pirata, La Pepa, Insideoftheboli e Dankhe, ofrecendo – segundo destacaron desde a organización- «unha fin de semana repleto de alternativas musicais diferentes».

O festival tamén terá cunha xornada destinada ao eido deportivo. O domingo 28 de agosto, no Skate Park de Verín, haberá una xuntanza de Bmx e scooter, probas que contarán coa dotación en premios por cada exhibición.

Ademais, o venres 26 e o sábado 27 de agosto, haberá na Preguiza varios obradoiros impartidos polo grupo compostelán “Vella Escola” como Street Football, pinta camisetas e iniciación ao break dance. Os asistentes tamén poderá participar nun taller de “Iniciación ao hip hop” impartido por Paula López e nunha “Performance musical” dirixida polo verinés Santiago Cañaveral. «O obxectivo destas xornadas é achegar a cultura urbana a diferentes colectivos de idades».

Outro ano máis celebrarase a tradicional “Batalla de gallos” con vista a pre-rexional Freedom Fighters de Asturias e a Liga Xunta de Galicia de Break. Será o venres 26 de agosto na zona verde de A Preguiza.

Diego Lourenzo agradecía na presentación á asociación Lumiños “o esforzo e a dedicación que realizan en prol da cultura urbana, ofrecendo ao noso público máis mozo unha alternativa cultural de primeiro nivel”. O tenente de alcalde tamén quixo destacar o cambio de nome realizado nesta edición “pasando de Extruga Street a Extuga na rúa, apostando claramente pola promoción e defensa da nosa lingua”.

VENRES 26 DE AGOSTO
Zona verde de A preguiza

16:30 Obradoiro street futbol

17:00-21:00 Batalla de Gallos

18:00 Obradoiro Pintura camisetas

21:00 C-Insideoftheboli

21:25 C- Dankhe

21:50 La Pepa

22:30 Opirata

23:00 Final Batalla

23:45 Rebeliom

01:30 Santa salut

SÁBADO 27 DE AGOSTO
Zona verde de A preguiza

16:30 Obradoiro break dance

17:00 Obradoiro Street futbol

17:30 Obradoiro baile moderno

18:00-21:30 Xunta liga break

21:45 Kotodama teatro

22:30 Brais Ninwen

23:45 Zeltia Irevire

01:15 DAKIDARRIA

DOMINGO 28 DE AGOSTO
Skate Park (Lonxa Agropecuaria)

16:00-16:45 Exhibición Bmx

17:00-17:45 Exhibición Scooter

18:00-18:45 Final Bmx

19:00-19:45 Final Scooter

20:15-20:45 Best trick 21:00 Entrega de premios

Artigos relacionados

Back to top button