DeportesÚltima hora

Conta atrás para o IV Night Trail de Quiroga

A proba nocturna celebrarase mañá, 6 de xullo, a partir das 22:30 horas dende a praza España
Participantes na pasada edición do Night Trail de Quiroga entrando en meta. /Foto cedida.

Despois do éxito de participación da pasada edición con 350 inscritos, Quiroga apura os últimos retoques da IV carreira nocturna.

A partir das 22:30h. deste 6 de xullo darase a saída do Night Trail de Quiroga, unha competición con dous traxectos que se poderán facer correndo ou andando: un de 17 km con 835 m de desnivel e outro de 10 km con 345 m de desnivel, esta última “perfecta para todos os públicos, cun percorrido urbano e natural”, explican dende o Concello, organizador da proba. Dende a organización tamén advirten de que é obrigatorio o uso de frontal nas dúas distancias, sendo o 80% do percorrido por pistas e sendeiros, “evitando na medida do posible o asfalto”.

Como unha proba “diferente e espectacular” se presenta esta carreira que sairá dende a praza España incluíndo un gran ambiente (zumba, dj,…) e ata un post evento (comilona e dj).

Artigos relacionados

Back to top button