Publicidade
ConcellosO BarcoÚltima hora

Conta atrás para o “VIII De Perto”, no Barco

A poetisa Tamara Andrés, de orixe valdeorresa, abrirá este ciclo o 1 de xullo no Xardín da Casa Grande de Viloira

Cartel promocional do ciclo “De Perto” situado xusto ao inicio da pasarela peonil que conecta o casco vello do Barco con Viloira./ Foto: A.R.

 

Cita coa palabra nas súas diversas manifestacións a partir do vindeiro mércores 1 de xullo no Barco. A poetisa de orixe valdeorresa Tamara Andrés abrirá o pano do VIII De Perto ás 20:30h. no Xardín da Casa Grande de Viloira coa proposta “O bosque e a danza”.

Será a primeira das seis actuacións dunha edición especial, xa que estará condicionada polas medidas de seguridade e recomendacións fronte ao Covid. Así, nesta ocasión todos os espectáculos terán lugar no Xardín da Casa Grande de Viloira, onde se acotará un recinto cun aforo limitado a cen persoas. E será obrigatorio para os asistentes acudir con mascarilla.

Despois da poesía será a quenda da palabra contada. Así o 3 de xullo, o coñecido cantante, acordeonista e escritor Xurxo Souto que desta volta aposta pola narración oral con “Océano para terrícolas”.

A palabra rimada volverá o 8 de xullo da man de Samuel L. París con “Hecatombe”, mentres que o 10 de xullo Momi Ogalla (presente xa na anterior edición de De Perto) volta con Victoria Siedlecki para compartir co público valdeorrés as súas “Historias que vinieron del mar”.

A seguinte cita do programa é a do trío formado polas narradoras orais Carmen Conde, Vero Rilo e Ángeles Goás co espectáculo “Divas de diván”, previsto para o mércores 15 de xullo. Ademais o 17 de xullo poderá desfrutarse da cantante Faia coa actuación titulada “Ao Cabo Leirín”.

O oitavo “De Perto”, que organiza a Concellería de Cultura do Barco, completarase da man dun trío de recoñecidos contadores, que xa estiveron en varias ocasións neste ciclo barquense: Celso Sanmartín, José Luis Guitérrez (Guti) e Quico Cadaval. Desta volta fanno xuntos e co espectáculo “Tres vellas (polo menos)”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close