ConcellosEconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Conta atrás para o XIII Camiño das Covas do Castro (O Barco)

Esta celebración, promovida pola Agrupación de Adegueiros desta vila, terá lugar o sábado 30 de xuño a partires das 19h.
Imaxe da pasada edición do Camiño das Covas do Castro( O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

A vila do Castro prepárase para unha fin de semana de festa. Na tarde do vinceiro 30 de xuño comezará o XIII Camiño das Covas nesta localidade barquense. As entradas estarán á venda, ao prezo de 10 euros, o mesmo día da celebración.

O programa comezará coa apertura ás 19h. das sete covas que este ano participan no Camiño. En todas elas haberá viño, auga e pinchos de diferentes tipos. A partir das 23 horas, os asistentes poderán disfrutar do concerto de “Los Ínigos” na praza.

“Como todos os anos, haberá condicións especiais para os nenos, que pagarán 3 euros e terán dereito a auga e pinchos, e disporase de servizo de radio taxi”, segundo se adianta dende o Concello. Esta festa será organizada pola Agrupación de Adegueiros do Castro en colaboración co Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button