ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Conta atrás para os Premios Nacionais á Moda de Ande co vianés Jorge Álvarez representando a Galicia

A 35 edición da gala organizada pola "Asociación de nuevos y jóvenes diseñadores" celebrarase o vindeiro 21 de maio no Teatro Salón Cervantes, en Alcalá de Henares

Este xove creador vianés quedou ás portas do concurso televisivo “Maestros de la Costura” 2017./ Foto: Estela Barone.

 

Apenas queda unha semana para que se celebre en Alcalá de Henares (Madrid), a 35 edición dos Premios Nacionais á Moda para Xoves Deseñadores, e a expectación en Viana do Bolo é máxima xa que un dos seus veciños, Jorge Álvarez, será nin máis nin menos que o representante galego no certame.

O estilista e deseñador vianés recibía a comezos de outubro de 2020 a confirmación de que o seu proxecto era seleccionado para representar a Galicia na edición de 2021 do concurso de moda organizado por Ande (Asociación de nuevos y jóvenes diseñadores) ao que concorren xoves creadores de todas as comunidades.

 

 

Así, a colección coa que Jorge competirá polo primeiro premio está formada por seis prendas e inspirada no filme Memorias de África. Unión e sentimento son segundo o seu creador, as palabras máis adecuadas para definir Uhuru (Libertad), unha colección na que as cores de África son unha parte fundamental no desenvolvemento dos tecidos tanto nas cores coma nas texturas. Prendas de corte clásico pero máis voluminoso “esaxerando o concepto para crear siluetas que centren a ollada do espectador creando un cúmulo de sensacións que o trasladen á Kenia de principios do século XX”.

Nun principio, a gala estaba prevista para o mes de febreiro, supeditada á evolución da pandemia, pero finalmente celebrarase o vindeiro venres 21 de maio ás 18 horas, no Teatro Salón Cervantes, mantendo as medidas de seguridade anticovid.

Máis información no seguinte enlace: https://www.osil.info/jorge-alvarez-representara-a-galicia-na-xxxv-edicion-dos-premios-nacionais-a-moda-para-xoves-desenadores/

 

Artigos relacionados

Back to top button