ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Contacontos cos voluntarios da Biblioteca de Verín na aldea de Toro (Laza)

Primeiro cruzaban a raia para celebrar o Día das Letras Galegas na aldea de Cimo de Vila (Portugal) e, tendo en conta a boa experiencia que supuxo, meses despois, repiten pero dentro da provincia. O persoal da Biblioteca de Verín, xunto cos seus voluntarios, realizaban na tarde do 23 de agosto unha actividade de manualidades e de contacontos, que xiraba en torno a Carlos Casares, para os nenos e nenas da aldea de Toro, no concello de Laza.

Acudían dando resposta á invitación de Beni Rodríguez, da Asociación “O Fiadeiro” e calificaban a experiencia de “magnífica”. Dende a Biblioteca de Verín expresáselle o agradecemento por pode levar adiante esta iniciativa educativa e tamén ao alcalde de Laza e ao seu equipo de Protección Civil “por acompañarnos”.

Fotos: Biblioteca de Verín.

 

Voluntarias da Biblioteca de Verín durante as actividades.

Artigos relacionados

Back to top button