CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Contacontos de Raquel Queizas no Día do Neno DIFCAP en Verín

Os xardíns do pavillón de deportes de Verín convertíanse en escenario na tarde do 1 de xullo dun encontro moi especial promovido pola Asociación de Persoas con Diferentes Capacidades de Verín (Adisve). Tratábase da I Xuntanza de Familias con Nenos de Diferentes Capacidades.

Dentro dos actos incluíase un espectáculo da contacontos Raquel Queizas. Tamén había actividades e xogos adicados a todos os cativos asistente e, como broche, unha merenda.

Este encontro enmárcase do programa de actos de diferente tipo que Adisve vén desenvolvendo dende primeiros de xuño en Verín e continuarán ata mediados do mes de xullo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button