Galerías de fotosÚltima hora

Contacontos e manualidades arredor de “Elmer, o elefante multicolor” na Biblioteca de Verín

Vinte nenos e nenas socios da Biblioteca do Concello de Verín participaban na tarde do 15 de marzo na actividade de contacontos e manualidades titulada “Elmer, o elefante multicolor”. Tiña un título homónimo do libro do escritor DAVID MCKEE (Editorial, BEASCOA).

Os rapaces desfrutaban realizando manualidades con materiais reciclados e escoitando os contos que sobre este personaxe “diferente pero igual” relataban as voluntarias e voluntarios da biblioteca.

Fotos: Biblioteca Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button