ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Contacontos, literatura e música na Feira do Libro do Barco

A mostra permanecerá aberta toda a fin de semana na praza Andrés de Prada

En plenas Festas de Santa Rita, O Barco de Valdeorras acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira do Libro. Unha docena de expositores (librarías do Barco e de Quiroga, asociacións, libros de segunda man, o Periódico O Sil…) abrían as portas na mañá do 19 de maio na praza Andrés de Prada. Dende ese momento e durante toda a fin de semana, quen o desexe poderá facerse con algún exemplar, desfrutando ademais das actividades paralelas.

Na mañá do sábado houbo un contacontos infantil á beira do río Sil, pola tarde presentarase o disco de Roberto Fernández e mañá, As Macizas Centrais porán son á sesión vermú. Ese mesmo día, para pechar esta edición tardía, pasarán pola Feira escritores valdeorreses con publicacións recentes como Charo Álvarez, David Vázquez ou Mencía Yano.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button