CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Contacontos musical “Música Miúda” para os máis pequenos na Biblioteca de Trives

A actividade, incluída no programa “Ler Conta Moito”, tiña lugar esta mañá de 17 de agosto

A Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives acolleu esta mañá a actividade do contacontos musical “Música Miúda”. Trátase dun proxecto didáctico que combina contacontos e música.

A través das historias de Bemol Pequeno, de elaboración propia, os cativos aprenderon conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais, etc. interactuando cos artistas e participando nas súas cancións.

Este espectáculo estaba enmarcada no programa “Ler Conta Moito”, cuxo obxectivo é a dinamización da lectura entre os máis pequenos.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button