CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Contacontos na escuridade e cunha luz especial na Biblioteca de Verín

Esta orixinal proposta levaba por título “A Eiruga larpeira” e tiña lugar na tarde do 10 de maio

Con dúas voluntarias moi especiais contaba a actividade infantil de manualidades e contacontos que se celebraba na tarde do 10 de maio na Biblioteca Municipal de Verín. Levaba por título “A Eiruga larpeira” e foi realizada por Ángela Quintana Rodríguez, profesora do CRA Monterrei, baseándose na obra homónima de Eric Carle, editorial Kókinos, “de xeito totalmente desinteresado xunto á directora do CRA Monterrei Teresa Santamaría, e os Voluntarios e Voluntarias da Biblioteca”, explican dende a biblioteca verinesa.

A particularidade deste contacontos é que foi realizado por completo baixo luz negra (lámpadas de radiación electromagnética ultravioleta) e isto permitiu que a protagonista do conto levase aos asistente ao seu mundo dun xeito máxico.

Por outra banda, a manualidade elaborada polos cativos era unha preciosa eiruga que se deslizaba sobre ela, “e coma remate pinábase con rotuladores e pinturas fluorescentes, baixo a mesma luz negra”, resaltan dende a Biblioteca de Verín.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button