Última hora

Continúa a vendima na Ribeira Sacra, que leva recollidos 483.709 quilos de uva

Publicidade

 

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o pasado 15 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades na última fin de semana de agosto. Tras a primeira fin de semana oficial de vendima entraron en adega 483.709 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Godello con 211.862 quilos

O resto das variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas
• Mencía 179.965 quilos
• Merenzao 18.872 quilos
• Garnacha 5.928 quilos
• Brancellao 8.090 quilos
• Caíno tinto 1.080 quilos
• Tempranillo 306 quilos
• Mouratón 90 quilos

Variedades brancas
• Godello 265.873 kilos
• Albariño 42.724 quilos
• Treixadura 10.943 quilos
• Dona Branca 2.934 quilos
• Branco Lexítimo 578 quilos
• Torrontés 222 quilos
• Loureira 115 quilos

Das 97 adegas que esperan vendimar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 39 están vendimando, 12 téñena paralizada e 2 xa remataron. 44 adegas estarían pendentes de comezar os traballos de recollida de uva. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid-19.

Artigos relacionados

Back to top button