CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Continúa a ilustración dos pasos de peóns do Barco con versos e imaxes de Florencio Delgado Gurriarán

Os pasos de peóns das principais rúas do Barco de Valdeorras van pouco a pouco enchéndose de versos e imaxes de Florencio Delgado Gurriarán. Se na mañá do 15 de maio eran os alumnos do CEIP Julio Gurriarán (a primeira hora) e do CEIP Condesa de Fenosa os que plasmaban cos spray as referencias ao poeta de Córgomo (Vilamartín), hoxe, día 16 facíano de novo alumnos do Julio Gurriarán (a primeira hora) e tamén os do Divina Pastora (na galería de imaxes) e do Otero Pedrayo.

Con esta actividade, enmarcada dentro do proxecto “As Letras de Florencio”, os cativos están poñendo en práctica as técnicas adquiridas no obradoiro de grafity para aprender a utilizar guías e elaborar deseños con spray, posto en marcha dende a Concellería de Cultura do Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button