Na mañá deste mércores 4 de agosto continúa a vacinación na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras coa segunda dose de Pfizer aos vacinados o pasado 14 de xullo (49 a 40 anos).
En quenda de mañá, en Expourense están convocadas 1.585 persoas; no Hospital de Valdeorras, 240; e no Hospital de Verín, 241.
VaciCrib
Na xornada de onte, houbo tamén unha recollida de mostras PCR no dispositivo VaciCrib de Expourense a 1.043 mozos e mozas que recibiron tamén a súa primeira dose. Os voluntarios que accederon a este cribado serán informados hoxe do seu resultado por vía SMS.
Dos 186 test de antíxenos realizados tamén onte, saíron 2 positivos.