ConcellosÚltima hora

Continúa o “Curso de tapas e coctelería no Outono” no Xeodestino Manzaneda-Trevinca

Tras realizarse na Rúa e no Barco, o os días 9 e 10 de decembro impartirase en Rubiá e Chandrexa de Queixa

 

A primeiros deste mes de decembro comezaba a impartirse nos municipios do Xeodestino Manzaneda-Trevinca un “Curso de tapas e coctelería no Outono”. Primeiro foi na Rúa (2 e 3 de decembro) e no Barco (4 e 5 de decembro), contando con parte teórica e práctica, xunto cunha degustación final por parte dos participantes. Xa os días os días 9 e 10 de decembro este curso impartirase en Rubiá e Chandrexa de Queixa.

Os alumnos elaboran ao longo de dúas sesións propostas de coctelería e pratos de cociña, segundo informa a organización. No caso da cociña prepáranse en formato tapas, pero tamén se fan postres con produtos típicos do outono. Nas dúas sesións ensínanlle diferentes técnicas culinarias por parte dos dous docentes: Gerson Iglesias (membro do Grupo Cociña Ourense) e Belén López (Catering Belén Lopez).

Imaxes do curso na Rúa.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button