ConcellosÚltima hora

Continúa o curso sobre prevención e loita contra incendios en Manzaneda

Unha das demostracións do curso que se imparte ten Manzaneda. Foto: Juan Glez. Cipriano.
Unha das demostracións do curso que se imparte ten Manzaneda. Foto: Juan Glez. Cipriano.

Unhas vinte persoas están a participar no curso sobre “Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais” que comezaba a impartirse en Manzaneda na segunda fin de semana de outubro. Esta acción formativa, que se desenvolve na Aula de Lecer desta vila (moi preto do Concello de Manzaneda), está previsto que se complete os días 17, 18 e 19 de outubro.

Algúns dos participantes no curso, seguindo as explicacións./ Foto: Juan Glez. Cipriano.
Algúns dos participantes no curso, seguindo as explicacións./ Foto: Juan Glez. Cipriano.

Este curso está organizado pola AGASP e o Servizo Territorial de Emerxencias de Ourense en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda e co Concello de Manzaneda.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos cedidas por Juan Glez. Cipriano

Artigos relacionados

Back to top button