OurenseÚltima hora

Continúa o programa “Verín, enclave de gaita”

No día de onte, tiveron lugar unha actuación Banda de Gaitas do Concello de Verín e unha conferencia de Xosé Lois Foxo

O programa “Verín, enclave de gaita” continuaba onte, día 7 de xullo, cunha actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín seguida dunha conferencia sobre a iconografía da gaita a cargo do director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo.

A exposición “Verín, enclave de gaita” sumou máis de 200 visitantes nos seus dous primeiros días aberta ao público e permanecerá exposta durante os vindeiros meses no Museo Claustro Mercedario de Verín. Xorde como froito da colaboración entre o Concello de Verín, a Escola Provincial de Gaitas de Ourense e o Obispado de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button