OurenseÚltima hora

Continúa o reto de reciclaxe na cidade de Ourense

Os Ecovixiantes de Franciscanas entregaron 42 kg de envases, latas e plásticos

 

Reciclar axuda a manter o planeta e o aire limpo e ademais ten premio. “Se do 1 de febreiro ao 30 de abril, colaboras botando os envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) no contedor amarelo, e entre todos conseguides incrementar nun 10% a reciclaxe destes residuos, respecto aos mesmos meses do ano pasado, o teu Concello gañará un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social local.” É o reto proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xunto con Ecoembes a quince municipios galegos.

 

 

Un deses concellos é o de Ourense e aí están colaborando os Ecovixiantes de Franciscanas que unha semana máis estiveron inmersos no reto. Desta volta tocoulle o turno á recollida nos parques da Pista Roja na rúa  Barros Sibelo e na rúa Valle Inclán. “Recollimos varias bolsas con plásticos e bricks in situ, ademais de miles de cabichas, trasladando tamén todos os envases xerados no colexio, previa clasificación (42 kg de envases, latas e plásticos)”, explica o profesor Gonzalo Sánchez Bousóns.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button