ConcellosÚltima hora

Continúan a verse remuíños de po de gran altura nas zonas queimadas en xullo en Valdeorras

 

Seguen a observarse remuíños de po, que alcanzan unha gran altura, nalgunhas das zonas que ardían no incendio forestal que devastaba Valdeorras a finais de xullo. É o caso dos que poden verse nestas imaxes, captadas a primeira hora da tarde destes mércores dende a vila do Barco. O autor destas fotos asegura que nalgúns casos os remuíños poderían alcanzar incluso os 200 metros.

Estes remuíños son un fenómeno que os meteorólogos denominan “tolvanera”. Aparece cando se dan unhas determinadas condicións, por exemplo, en días de moita calor e sobre terreos secos, superficies queimadas ou con cinzas.

Artigos relacionados

Back to top button