ConcellosÚltima hora

Continúan aparecendo niños de velutina en Valdeorras

Niño de Velutina na Rúa Vella./ Foto cedida.

A notable extensión da vespa velutina por Valdeorras xa está sendo moi palpable neste verán, tanto entre os apicultores como entre os propios veciños da comarca. Continúan aparecendo niños primarios, e como mostra este, localizado na zona do Barrio na Rúa Vella. Os veciños xa deron aviso ao 012 e espérase que se proceda á súa retirada mañá.

Para localizar os posibles niños de velutina, recoméndase que se revisen as zonas recollidas e orientadas, principalmente cara o sur, aínda que tamén está aparecendo algún niño no chan. Se se localizan é necesario avisar ao 012 para que se proceda retiralo adecuadamente.

Artigos relacionados

Back to top button