SanidadeÚltima hora

Continúan as concentracións en defensa dunha “Primaria digna” en Valdeorras e Viana

No mediodía do luns 4 de marzo celebrábanse no exterior dos centros de saúde da Rúa, A Veiga e Viana do Bolo
Asistentes á concentración celebrada na Rúa o 4 de marzo.

Hai cinco semanas pacientes e profesionais do Centro de Saúde da Rúa comezaban a realizar unha serie de concentracións cada luns para pedir unha atención “primaria digna”. A imaxe da concentración diante do Centro de Saúde rues repetíase novamente o 4 de marzo ás 12h. e durante cinco minutos.

Este acto está convocado pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, AGAMFEC. E mediante este tipo de accións pretenden “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Concentración no Centro de Saúde de Viana.

 

Ademais o pasado luns, ademais de na Rúa, tamén se celebraban concentracións semellantes no exterior do Centro de Saúde da Veiga e no de Viana do Bolo.

Fotos cedidas.

 

Concentración no Centro de Saúde da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button